Venres, 18 Novembro 2016 17:21

O TSXG celebra o acto de ascenso de tres xuízas galegas a maxistradas

Valora este artigo
(1 Voto)

Tres xuízas que ascenderon a maxistradas pola quenda de antigüidade, en virtude do Real Decreto 407/2016, do 22 de outubro, prestaron hoxe xuramento ou promesa no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O acto estivo presidido por Miguel Ángel Cadenas Sobreira, presidente do alto tribunal galego, e asistiron tamén membros de Sala de Goberno, ademais de estudantes da Facultade de Dereito de Ourense, que hoxe visitaron o Palacio de Xustiza. Trátase das seguintes xuízas:

Alejandra Iglesias Cereijo, que continuará exercendo no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 da Estrada.

Carmen López Moure, que continuará exercendo no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 de Betanzos.

Elena Isabel Moreira Lantes, que continuará exercendo no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº1 de Ordes

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top