Imprimir esta páxina
Xoves, 19 Xaneiro 2017 21:07

Creadores e industrias de contidos piden a Maza a creación dunha Fiscalía para delitos contra a propiedade industrial

Valora este artigo
(1 Voto)

José Manuel Maza recibiu hoxe á directora xeral da Coalición de Creadores e Industrias de Contidos, Carlota Navarrete Barreiro, e varios membros desa entidade, quen lle trasladaron o seu interese na creación dunha Fiscalía de Sala para a persecución dos delitos contra a propiedade industrial.

Tras resaltar o labor desenvolvido polos fiscais delegados de Criminalidade Informática, os asistentes tiveron ocasión de amosare as súas inquietudes polas dificultades procesuais e graves prexuízos económicos derivados da lentitude na instrución destes procedementos.

José Manuel Maza, pola súa banda, reiterou o compromiso de anteriores fiscais xerais na persecución deste tipo de delitos.

Á reunión asistiron a fiscal de Sala contra a Criminalidade Informática, Elvira Tejada de la Fuente, e a fiscal da Secretaría Técnica, Gema García Hernández.