Martes, 14 Marzo 2017 10:09

Maza impulsará unha circular sobre tratamento e dereitos dos menores nos medios de comunicación

Valora este artigo
(0 votos)

O fiscal xeral do Estado, Juan Manuel Maza, anunciou a próxima publicación dunha Circular da Fiscalía Xeral do Estado que abordará o tratamento e os dereitos dos menores discapacitados ante os medios de comunicación.

Maza presidiu a reunión do Foro de Xustiza e Discapacidade, que se reuniu por vez primeira na sede da FGE. Os integrantes do Foro realizan unha tarefa que enlaza co encargo que o propio fiscal xeral recibiu do Congreso dos Deputados na súa primeira comparecencia: que o Ministerio Público preste unha especial atención aos colectivos máis vulnerables, como son as persoas maiores, os menores, e as persoas con algunha discapacidade.

Foro Justicia y Discapacidad

 

José Manuel Maza lembrou que adquiriu ese compromiso, e un dos seus empeños consiste en que o Ministerio Fiscal leve a cabo as súas obrigas estatutarias coa sociedade en defensa e protección dos dereitos cidadáns.

Pola súa banda, Juan Manuel Fernández, Presidente do Foro de Xustiza e Discapacidade, explicou que a presenza do Foro na sede do Ministerio Público significa un recoñecemento ao papel relevante que a Fiscalía desempeña no ámbito das persoas con discapacidade, tanto nos procesos da xurisdición ordinaria como na constitucional.

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top