Martes, 14 Marzo 2017 10:13

Xura e toma de posesión dos novos fiscais de Sala na sede do Tribunal Supremo

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(1 Voto)

Os tres novos Fiscais de Sala prometeron ou xuraron os seus cargos no salón de plenos do Tribunal Supremo, en presenza da súa Sala de Goberno e do seu presidente, Carlos Lesmes. 

O novo fiscal xefe Anticorrupción, Manuel Moix, xurou o seu cargo ante a súa madriña, a fiscal do Tribunal Supremo Pilar Fernández Valcarce. Pola súa banda, Jesús Alonso Cristóbal, novo fiscal xefe da Audiencia Nacional, foi apadriñado por José Ramón Noreña, fiscal xefe da Fiscalía Antidroga, e Francisco Moreno, fiscal de sala da Unidade de Apoio, contou como padriño co fiscal emérito Olayo González Soler, quen estivo á fronte da Fiscalía do Tribunal de Contas ata a súa xubilación. 

Xura dos novos fiscais de Sala

A continuación, os novos Fiscais da Unidade de Apoio e de Anticorrupción asinaron os seus cargos na sede da Fiscalía Xeral do Estado, xunto co novo tenente fiscal do Tribunal Constitucional, Jesús Tirado, e Luís Uriarte, Fiscal destinado actualmente en Pontevedra, quen se incorpora á Secretaría Técnica. 

Nas súas palabras de benvida, o fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, felicitou aos fiscais polas novas responsabilidades que asumen e tivo unhas palabras de recoñecemento cara a José Luis Bueren, ata agora fiscal xefe da Unidade de Apoio.

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top