Luns, 15 Mai 2017 18:50

Concepción Otero toma posesión do seu cargo tras ser reelixida como secretaria de Goberno do TSXG

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(1 Voto)

A secretaria de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Concepción Otero Piñeiro, tomou o venres posesión do cargo ante o ministro de Xustiza tras a súa reelección. Ao acto asistiu tamén o presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes.

Nada en Lugo en 1955, Concepción Otero iniciou as súas funcións como secretaria da Sala do Contencioso-administrativo na Audiencia Territorial de Burgos, con sede en Bilbao. Tras anos nas audiencias provinciais de Lugo e A Coruña, no ano 2000 trasládase á Sección Primeira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG, onde permanece ata 2007, data na que pasa á situación de servizos especiais como asesora do Valedor do Pobo.

Regresa ao Tribunal no ano 2010 como secretaria da Sala do Civil e Penal. Ao ano seguinte é elixida secretaria de Goberno, cargo para o que agora foi designada de novo.

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top