Martes, 06 Xuño 2017 10:17

O Colexio de Avogados de Ferrol gaña o premio a Boas Prácticas en Dereitos Humanos por 'A prol da igualdade'

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(1 Voto)

A prol da igualdade, presentada polo Colexio de Avogados de Ferrol, foi a iniciativa gañadora do Taller de Boas Prácticas na Avogacía sobre Dereitos Humanos celebrado o día 2 de xuño nas VII Xornadas de Xuntas de Goberno, en Granada.

Con esta práctica, a entidade colexial desenvolve diversas actuacións, como achegas económicas a tres entidades sociais, e promove a inserción social de persoas con discapacidade intelectual contratándoas para prestar servizos no Colexio.

Ademais, os membros da Xunta de Goberno exercen prol bono a requirimento de entidades de carácter social. Finalmente, organiza un concurso de debuxo para alumnos de primaria sobre a xustiza e os dereitos humanos

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top