Venres, 30 Xuño 2017 11:58

Reforzo para a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo

Valora este artigo
(0 votos)

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou esta semana prorrogar o reforzo para a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo. Acordou a renovación da comisión de servizo con relevación de funcións por un período de seis meses a favor de Eugenio Francisco Míguez Tabarés, titular do Xulgado de Primeira Instancia número de 11 de Vigo.

A medida fundaméntase na evolución e situación da mencionada sección, cun tempo de resposta por enriba da media da comunidade a pesar de que a dedicación do órgano supera o indicador marcado polo Consello Xeral do Poder Xudicial (102 % no primeiro trimestre do ano). O reforzo do que goza a sección permitiu que a pendencia diminuíse de forma constante desde o inicio de 2015, ao que contribuíu tamén o descenso da entrada de asuntos, que desde 2014 non alcanza o módulo establecido.

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top