Venres, 30 Xuño 2017 14:06

A Xustiza nun mundo globalizado, a debate na Escola de Verán do Poder Xudicial

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(0 votos)

O presidente do Tribunal Supremo e do CXPX, Carlos Lesmes, inaugurará os cursos, que se celebran do 4 ao 14 de xullo no pazo de Mariñán

Achegar aos integrantes da carreira xudicial as novidades sobre os fluxos migratorios nunha sociedade globalizada e promover a cooperación xurisdicional internacional son dous dos obxectivos que este ano persegue a Escola de Verán do Poder Xudicial, que celebra a súa vixésima edición. 

O presidente do Tribunal Supremo e do CXPX, Carlos Lesmes, inaugurará os cursos, que se celebran no pazo de Mariñán (Bergondo) do 4 ao 14 de xullo. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Deputación provincial, Valentín González Formoso, participarán tamén no acto, ao que asistirán vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, e o fiscal superior.

A Escola de Verán desenvólvese este ano baixo o título A Xustiza nun Mundo Globalizado. Cos vogais Juan Manuel Fernández e Álvaro Cuesta como directores académicos, os relatores do primeiro curso abordarán desde o punto de vista xudicial, institucional e empresarial as dificultades e necesidades derivadas da abordaxe de conflitos nunha sociedade globalizada e con importantes fluxos migratorios.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top