Xoves, 17 Mai 2018 02:26

Xura de cinco novos letrados da Administración de Xustiza no TSXG

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(1 Voto)

O Tribunal Superior de  Xustiza de Galicia acolleu hoxe o acto de xuramento ou promesa da 42ª promoción da quenda libre de letrados da Administración de Xustiza. O acto celebrouse ante a secretaria de Goberno do Tribunal, Concepción Otero Piñeiro, e foi presidido por Miguel Ángel Cadenas Sobreira, presidente do TSXG. Xuraron ou prometeron as seguintes persoas:

- Antonio Padrón Domínguez, destinado ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución  nº1 de Lalín.

- María Isabel Díez López, destinada ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución  nº2 de Viveiro.

- David Santos Río, destinado ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución  nº4 de Betanzos.

- Marina Sofía López Pérez, destinada ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución  nº1 de Viveiro.

- Aaron González Pérez, destinado ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución  nº2 de  Concurbión.

Ao acto acudiu parte da Sala de Goberno do TSXG, xuíces, fiscais, letrados da Administración de Xustiza e representantes dos colexios profesionais de avogados e procuradores.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top