Mércores, 18 Mai 2016 17:21

O Consello Fiscal asume a imposibilidade de revisar todos os procedementos penais antes do 6 de xuño

Valora este artigo
(0 votos)

Afirma que o problema xorde "pola falta de atribución definitiva da investigación dos delitos" ao Ministerio Público, tarefa que segue encomendada aos xuíces

O Consello Fiscal acordou hoxe asumir a imposibilidade de revisar todos as causas penais (máis de 600.000) antes do vindeiro 6 de xuño, tal como lle impón aos fiscais o artigo 324 da Lei de Axuizamento Criminal (LeCrim). "Considerando os medios actuais, _recoñece o Consello nunha nota_ os termos do artigo 324 resultan de difícil ou imposible cumprimento, máxime en ausencia da prometida instrución ao corpo de Letrados da Administración de Xustiza", tal como asegurara onte mesmo a Unión Progresista de Fiscais (UPF) nun duro comunicado sobre a precariedade de medios materiais e humanos para acometer ese labor.

Acollendo tamén a opinión coincidente da Asociación de Fiscais (AF), a maioritaria no Consello, este órgano de representación dos fiscais precisa que coa información dispoñible "as fiscalías non poden coñecer o cambiante volume de asuntos pendentes nos xulgados españois, datos que só constan en cada un deles, de modo que non é posible asegurar con certeza que ao 6 de xuño se revisaran todas as causas en tramitación, nin que o control poida seguir realizándose no futuro de maneira completa".

A LeCrim, que entrou en vigor o pasado decembro, limita o prazo de instrución a seis meses, que se cumpren precisamente o 6 de xuño. Aínda que estes prazos son prorrogables, no caso de causas especialmente complexas, por outros 18 meses igualmente ampliables, esta prórroga tena que solicitar o fiscal tras revisar cada un dos centos de miles de procedementos pendentes en toda España.

O Consello Fiscal explica, a este respecto, que o problema xorde "pola falta de atribución definitiva da investigación dos delitos ao Ministerio Fiscal", una petición constante do Ministerio Público que choca coa oposición frontal da maxistratura.

A Lei de Enjuiciamiento Criminal _ recorda o Consello_ atribúe ao titular do órgano xurisdicional a dirección da instrución, e ao Letrado da Administración de Xustiza (antes secretario xudicial), o impulso e a custodia dos procedementos. Deste xeito, o actual ordenamento "non permite aos fiscais asumir con seguridade a parcela de responsabilidade que lles corresponde na tramitación en prazo dos procedementos penais".

Por último, o órgano de representación dos fiscais pide que se adopten as medidas adecuadas para corrixir esta situación e fai un público recoñecemento do "enorme esforzo desenvolvido polos fiscais ao longo destes últimos meses, en condicións moitas veces difíciles, revisando a tramitación das causas" en cumprimento do establecido na LeCrim.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top