Xoves, 24 Novembro 2016 00:51

O Supremo determina que o vendedor da espada de El Cid por 1,5 millóns era o seu único propietario

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(1 Voto)

A Sala I, do Civil, do Tribunal Supremo estima o recurso de José Ramón Suárez-Otero Velluti, marqués de Falces, e determina que era o titular por herdanza e propietario exclusivo por posesión da espada Tizona, atribuída a El Cid Campeador, e como tal podía dispoñer integramente dela, como así fixo ao vendela en 2008 a un grupo de empresas e unha fundación polo prezo de 1,5 millóns de euros. Os adquirentes doaron a espada, que foi depositada no Museo de Burgos, á comunidade autónoma de Castela e León. 

A sentenza revoga as anteriores ditadas polo Xulgado de Primeira Instancia número 72 de Madrid e pola Audiencia de Madrid, que deron a razón ás fillas dun matrimonio que foi declarado en 1987 herdeiro universal por un marqués de Falces antecesor do actual e tio seu, Pedro Velluti de Charanga.

Tanto o Xulgado como a Audiencia consideraron que da espada eran cotitulares o actual marqués de Falces e as fillas do citado matrimonio (que reclamaban a metade do prezo da espada, é dicir, 750.000 euros).

O Supremo sinala que Suárez-Otero herdou a espada e o título de marqués de Falces da súa nai, Olga Velluti, irmá de Pedro, e engade que ambos adquiriron a propiedade por usucapión, é dicir, pola súa posesión ininterrompida durante máis de seis anos. 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top