Sábado, 21 Xaneiro 2017 01:18

A Fiscalía do Supremo abre dilixencias para investigar os sucesivos aumentos do prezo da electricidade

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(0 votos)

A Fiscalía do Civil do Tribunal Supremo decidiu abrir dilixencias "co fin de pescudar as razóns que están a orixinar os sucesivos aumentos de prezo que experimentaron nos últimos tempos os recibos da luz". O Ministerio Fiscal proponse deste xeito protexer os intereses dos consumidores e usuarios, "co fin de determinar a realidade e natureza destes feitos".

A Fiscalía Xeral do Estado lembra que desde a reforma do ano 2014, a Lei de Axuizamento Civil habilita aos fiscais para iniciar as chamadas accións de cesación co fin de defender os chamados intereses difusos de consumidores e usuarios, que sen a actuación do Ministerio Fiscal "quedarían indefensos". 

Nas últimas semanas, os prezos da electricidade no mercado por xunto disparáronse ata alcanzar niveis descoñecidos desde decembro de 2013.

Estas subidas están a ser analizadas tamén polo Ministerio de Enerxía e pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) para comprobar se, ademais das circunstancias conxunturais, existe algún comportamento anticompetitivo por parte dos axentes do sector.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top