Luns, 17 Decembro 2018 18:42

O Tribunal Supremo equipara a condena de Mas á de Homs e redúcea a un ano e un mes de inhabilitación

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(1 Voto)

A Sala II do Tribunal Supremo (TS) vén de equiparar a condena de inhabilitación imposta a o expresidente da Generalitat de Cataluña, de Artur Mas, polo caso da consulta do 9 de novembro de 2014, á de Francesc Homs, conselleiro e voceiro do goberno catalán naquel ano. Deste xeito, o TS reduce a un ano e un mes de inhabilitación a pena por delito de desobediencia que se lle impón finalmente a Mas.

A Sala Segunda resolveu os recursos de casación interpostos polo expresidente catalán, a exvicepresidenta Joana Ortega e a exconsellera de Educación Irene Rigau contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña que lles condenou como autores dun delito de desobediencia ás penas de multa e inhabilitación especial.

O Tribunal Supremo confirmou todos os pronunciamentos da sentenza impugnada fóra da concreta duración das penas de inhabilitación especial, que foi reducida quedando establecida nun ano e u mes para Artur Mas; 9 meses para  Joana Ortega e 6 meses para Irene Rigau. O TSX condenáralles a 2 anos de inhabilitación (Mas); 1 ano e 9 meses (Ortega) e 1 ano e 6 meses (Rigau).

No caso do  exconseller Francesc Homs, que foi axuizado polos mesmos feitos no Tribunal Supremo pola súa condición de aforado como deputado no Congreso, a pena de inhabilitación fixouse en 1 ano e 1 mes.

A sentenza está pendente de ultimar a súa redacción.

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top