Martes, 23 Mai 2017 10:27

Arquivada a causa aberta contra o presidente da Deputación de Ourense por acoso sexual

Valora este artigo
(1 Voto)

O Xulgado de Instrución nº3 de Ourense acordou o sobresemento provisional e arquivo das actuacións seguidas contra o presidente da Deputación, José Manuel Baltar Blanco; o seu pai, o xefe de persoal da Deputación e a muller que denunciou ao primeiro deles por un presunto delito de acoso sexual.

Con respecto a este delito, entende a xuíza que non quedou acreditada a existencia de ningún tipo de relación de dependencia entre a denunciante e o presidente da Deputación de Ourense, polo que non existiría un dos elementos do tipo penal denunciado, que castiga a quen pida favores sexuais "no ámbito dunha relación laboral, docente ou de prestación de servizos".

Sobre o delito de suborno, indícase no auto que "das dilixencias instrutoras practicas non resulta suficientemente xustificado que o investigado José Manuel Baltar Blanco se comunicase de forma algunha co xefe de persoal, nin co asesor xurídico da Deputación, nin que dese instrución algunha ou realizado acto algún" respecto da denunciante, do mesmo xeito que o investigado Baltar Pumar, polo que a causa se sobresee para ambos tamén con respecto a este delito.

Por último, sobre José Luis S.M., sostén que "non quedou suficiente xustificado que realizase acto algún contrario ás funcións do seu cargo".

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top