Imprimir esta páxina
Mércores, 21 Decembro 2016 10:40

O Tribunal de Xustiza europeo obrígalle á banca a devolver o cobrado de máis por todas as cláusulas solo das hipotecas

Valora este artigo
(1 Voto)

Anula a irretroactividade sentenzada polo Supremo, que impedía reclamar as cantidades pagadas indebidamente antes de maio de 2013

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), determina que os bancos españois terán que devolver aos seus clientes as cantidades cobradas de máis polas cláusulas solo incluídas nos seus préstamos hipotecarios sen límite de tempo. A sentenza do TXUE elimina así a resolución do Tribunal Supremo do 9 de maio de 2013, que declaraba abusivas esas cláusulas, pero limitaba as reclamacións ás hipotecas asinadas despois desa data, por considerar que unha retroactividade total causaría un grave prexuízo ao sistema financeiro.

Polo contrario, o Tribunal europeo entende que "de tal limitación no tempo resulta unha protección dos consumidores incompleta e insuficiente que non constitúe un medio adecuado e eficaz para que cese o uso das cláusulas abusivas, en contra do que esixe a Directiva" europea de protección aos consumidores.

A sentenza considera que a esixencia fundamental dunha aplicación uniforme e xeral do Dereito da Unión implica que "o Tribunal de Xustiza é o único que pode decidir acerca das limitacións no tempo que haxan de aplicarse á interpretación que el mesmo fixese dunha norma do Dereito da Unión" e, polo tanto "as condicións estipuladas polos Dereitos nacionais non poderán afectar á protección dos consumidores" garantida pola citada Directiva.

 

ACHÉGASE SENTENZA COMPLETA