Luns, 06 Febreiro 2017 21:46

Acouga pon a punto un formulario para que os afectados polos cortes de subministración eléctrica poidan reclamar danos

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(0 votos)

Pódese presentar directamente ante a empresa comercializadora ou distribuidora, o Instituto Galego de Consumo ou as oficina municipais

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) puxo hoxe ao dispor dos afectados un formulario para reclamar os danos pola interrupcións na subministración eléctrica destes días pasados. Este formulario pódese presentar directamente como reclamación ante a empresa comercializadora ou distribuidora ou ben perante o Instituto Galego de Consumo, as OMICs ou no rexistro das oficinas municipais naqueles Concellos que non conten coa OMIC.

O formulario está redactado de xeito moi xeral, para que serva de reclamación para todos os casos desta fin de semana. No apartado "Lugar e data dos feitos", os afectados deberán indicar o número de horas de interrupción ou número de interrupcións do subministro eléctrico e os posibles danos en electrodomésticos ou en consumibles que precisen refrixeración.

As canles para reclamar son preferiblemente iniciar a vía previa, marcada pola reclamación ante a comercializadora ou distribuidora, para que transcorridas dúas horas _se o servizo non está restablecido_ ou cinco días _se finalmente o está_, responda a empresa.

Unha vez respondida, ou non respondida en tempo, poderase presentar reclamación en consumo ou nos servizos de industria. Acouga recoméndalles aos afectados que acudan ao sistema arbitral de consumo. No caso de que non sexa unha empresa adherida ao sistema de arbitraxe, ou se elixa así, pódese acudir a vía xudicial para interpor unha demanda civil ante os órganos competentes.

Para mais información ou asesoramento, os afectados poden contactar con Acouga, no teléfono 981 113 402, no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou con calquera dos avogados colaboradores da Asociación en A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Ames-Bertamiráns, Lugo, Monforte de Lemos, Vilalba, Ourense, Barbadás, Pontevedra, Vigo, Lalín, Vilagarcía de Arousa e Combarro.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top