Venres, 08 Xullo 2016 01:56

Condenan ao servizo galego de saúde por unha operación de isquemia que lle causou invalidez permanente a un paciente

Valora este artigo
(2 votos)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fixa en 300.000 euros a indemnización que deberá aboar a administración sanitaria ao prexudicado

A Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) fixa en 300.000 euros a indemnización que deberá pagarlle a administración sanitaria galega a un home que sofre invalidez permanente tras ser intervido dunha isquemia no Hospital Xeral de Vigo.

A Sección Primeira condena ao Sergas por entender que non quedou acreditada "a correcta aplicación do manguito de isquemia, pois no protocolo da cirurxía de artroscopia non constan os datos relevantes de tempo de isquemia a que estivo sometida a perna dereita durante a intervención, sen que sexa suficiente a recensión de que esta se iniciou ás 9 e finalizou ás 11 horas, tampouco consta a presión de inflado, o tempo de permanencia de inflado, nin o tipo de almohadilla utilizado".

"Nin sequera _subliña a sentenza_ figuran tales datos na folla de anestesia, que non foi remitida co expediente, nin na folla de ATS circulante".

Como consecuencia da intervención, o paciente foi declarado en situación de invalidez permanente absoluta por síndrome de dor rexional complexo, con implante de modulación definitivo, e con persistencia de dor, o que lle dificulta a marcha e impídelle actividades en xeral.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top