Mércores, 27 Xullo 2016 18:05

O CXPX renova ata final de ano o reforzo nos xulgados do Mercantil da Coruña

Valora este artigo
(1 Voto)

O Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou hoxe renovar ata final de ano unha comisión de servizo con relevación de funcións a favor de Ana Barral Picado, titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, a fin de reforzar os Xulgados do Mercantil números 1 e 2 da Coruña.

Para tomar esta decisión, a Comisión Permanente do CXPX tivo en conta o elevado volume de asuntos ingresados nos anos 2014 e 2015. Indícase que aínda que a entrada descendeu no primeiro semestre de 2016 polo cambio competencial das accións individuais relativas ás condicións xerais da contratación, que pasaron a ser competencia dos Xulgados de Primeira Instancia, a cifra de ingresos segue superando o indicador.

Aínda que a pendencia mostra uns valores inferiores á media nacional e púidose reducir no primeiro trimestre de 2016 grazas ao índice de rendemento que mostran os xulgados do Mercantil da Coruña, que duplica nalgúns casos o indicador, as cifras de asuntos pendentes de resolver seguen sendo elevadas debido á entrada de asuntos experimentada en exercicios pasados.

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top