Xoves, 24 Novembro 2016 18:53

Os xuíces e maxistrados de Galicia disporán de 12 actividades de formación continua para o ano que vén

Valora este artigo
(0 votos)

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e a Xunta de Galicia acordaron hoxe a convocatoria de 12 actividades de formación continua para xuíces e maxistrados en 2017, dos máis ca o ano pasado. O orzamento máximo para o desenvolvemento do plan é de 49.000 euros.

Así se deu a coñecer hoxe na Coruña tras unha reunión na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na que se renovou o convenio de colaboración que cada ano subscriben ambas as institucións.

A Xunta e o CXPX colaboran no financiamento, organización e xestión dos programas de formación e perfeccionamento dirixidos ao conxunto dos xuíces e maxistrados que prestan os seus servizos na comunidade autónoma galega. Á reunión asistiron o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas; letrados do Consello; e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, ademais de representantes das catro asociacións xudiciais.

Está prevista a celebración das seguintes actividades formativas para 2017:

- Concurso de persoas físicas.

- Novos instrumentos de cooperación civil na UE.

- Resposta penal fronte ao acoso.

- Seguridade viaria.

- Aspectos prácticos da execución penal.

- Encontro Orde Xurisdicional Contenciosa-Administrativo.

- Información médica nos procedementos de incapacidade permanente.

- Influencias da doutrina da Unión Europea na relación laboral e funcionarial.

- Medios de comunicación e linguaxe xurídico.

- Encontro galaico-portugués.

- Conceptos de contabilidade.

- Encontro de xuíces de paz das provincias da Coruña e Lugo.

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top