Venres, 25 Novembro 2016 11:55

Os dous candidatos a presidir a Audiencia da Coruña comparecerán o 1 de decembro ante o Poder Xudicial

Valora este artigo
(1 Voto)

Optan ao cargo o actual titular, José Luis Seoane Spiegelberg, e o maxistrado nese mesmo órgano Ignacio Picatoste 

Os dous candidatos á presidencia da Audiencia Provincial da Coruña -o seu actual titular, José Luis Seoane Spiegelberg, e o maxistrado nese mesmo destino Ignacio Picatoste Sueiras- comparecerán o vindeiro xoves 1 de decembro ante a Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial para expoñer o seu currículo e o seu proxecto para o órgano xudicial que aspiran a dirixir.

A convocatoria destas prazas, acordada pola Comisión Permanente o pasado 29 de setembro e publicada no Boletín Oficial do Estado o 6 de outubro, obedece nos tres casos ao remate do mandato de cinco anos para o que foron elixidos os actuais presidentes.

Na mesma sesión producirase a comparecencia dos aspirantes para ocupar as presidencias das audiencias de Málaga e Alacante, catro e cinco aspirantes a cada unha delas, respectivamente.

As comparecencias terán lugar na seguinte orde:

 

Presidencia da Audiencia Provincial de Málaga:

-      Antonio Alcalá Navarro, presidente da Audiencia Provincial de Málaga (10:00 horas)

-      Lourdes García Ortiz, presidenta da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Málaga (10:15 horas)

-      Pedro Molero Gómez, maxistrado da Audiencia Provincial de Málaga (10:30 horas)

-      Enrique José Peralta Prieto, presidente da Sección Novena da Audiencia Provincial de Málaga (10:45 horas)

 

Presidencia da Audiencia Provincial de Alacante:

-      María Catalina Pilar Alhambra Pérez, maxistrada da Audiencia Provincial de Madrid (11:00 horas)

-      Juan Carlos Cerón Hernández, maxistrado da Audiencia Provincial de Alacante (11:15 horas)

-      Enrique García-Chamón Cervera, presidente da Sección Oitava da Audiencia Provincial de Alacante (11:30 horas)

-      José de Madaria Ruvira, maxistrado da Audiencia Provincial de Alacante, sede de Elx-Elxe (11:45 horas)

-      Francisco José Soriano Guzmán, maxistrado da Audiencia Provincial de Alacante (12:00 horas)

 

Presidencia da Audiencia Provincial da Coruña:

-      Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña (12:15 horas)

-      José Luis Seoane Spiegelberg, presidente da Audiencia Provincial da Coruña (12:30 horas)

 

As comparecencias son públicas e poderán seguirse en directo desde o salón de actos da sede do Consello Xeral do Poder Xudicial.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top