Xoves, 02 Xuño 2016 10:31

O Consello español da Avogacía realiza unha enquisa entre os colexiados sobre a situación da xustiza

Valora este artigo
(0 votos)

O Consello Xeral da Avogacía Española remitiulle aos colexios de avogados unha enquisa dirixida a todos os colexiados sobre os problemas da Xustiza en xeral e da súa profesión en particular.

Trátase, explica o Consello, "de obter información para dirixir as accións da Avogacía nas liñas axeitadas", co respaldo das opinións de todo o colectivo de letrados. Cos resultados da enquisa, a institución pretende promover iniciativas lexislativas "que sexan sentidas desde o puro exercicio profesional" e que respondan ás inquedanzas dos profesional, que moitas veces carecen dunha canle que propicie unha reforma legal.

Para fomentar a participación de todos os colexiados que o desexen e poder analizar os resultados de modo óptimo, este ano habilitouse un cuestionario en liña e de sinxela resposta ao que poden acceder todos os interesados. A enquisa estará activa ata o día 13 de xuño.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top