O Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, con sede no Consello Xeral do Poder Xudicial, concedeu á quenda de oficio de avogados de violencia contra a muller o seu premio anual ao labor máis destacado na erradicación destes delitos violentos.
Esta distinción no apartado institucional, da que foron informados onte os Colexios de Avogados de Galicia, recoñece o comprometido labor que realizan os case 20.000 avogados e avogadas inscritos nesta quenda en toda España, "que levan a cabo unha intervención fundamental, os 365 días do ano, para que os dereitos e intereses das vítimas sexan protexidos", segundo a carta remitida as institucións colexiais.