Presión "inaceptable" sobre os fiscais por discrepar do seu xefe

O comunicado da Unión Progresista de Fiscais fai fincapé en que "a discrepancia xurídica tutelada no artigo 27 do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal é un dereito elemental" para o exercicio da profesión. "Consideramos inaceptable que se exerza presión algunha sobre os fiscais en calquera caso pero, menos se cabe, cando activan os mecanismos de disenso estatutariamente establecidos".

A este respecto, os fiscais progresistas sosteñen que o principio de dependencia xerárquica polo que se rexe o Ministerio Fiscal "non debe ser concibido como fundamento para a imposición de criterios individuais ou particulares, senón para manter a unidade de actuación da Fiscalía e corrixir posibles erros ou excesos".

En consecuencia, a UPF reivindica "unha baremación de méritos e capacidade, motivación e transparencia" para os nomeamentos de libre designación, atribución ao Ministerio Fiscal de autonomía organizativa e orzamentaria e regulación da necesaria publicidade e transparencia nas relacións do fiscal xeral e os fiscais superiores cos respectivos gobernos.

 

 

Top