Venres, 25 Novembro 2016 19:13

Recoñecen o dereito da Universidade de Vigo a deducir o IVE por actividades de investigación

Valora este artigo
(0 votos)

O Tribunal Supremo confirmou o fallo da Audiencia Nacional que declarou o dereito da Universidade de Vigo a deducirse o 100 por 100 das cotas do IVE soportado na actividade de investigación básica do exercizo 2011.

A Sala III, do Contencioso-Administrativo, rexeita o recurso do avogado do Estado. A Administración tributaria consideraba que debía aplicarse o réxime de prorrata xeral porque os bens e servizos dos que se deducira o IVE eran utilizados de forma común tanto polo sector do ensino superior como polo da investigación.

Sen embargo, a sentenza confirmada conclúe que ao sector de actividade de investigación correspóndelle unha dedución do 100%, que é a porcentaxe aplicable ás cotas soportadas tanto nos proxectos de investigación aplicada coma nos de investigación básica.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top