Imprimir esta páxina
Xoves, 21 Xullo 2016 18:26

O Poder Xudicial prorroga o reforzo para os xulgados do Social da Coruña

Valora este artigo
(1 Voto)

 

A entrada de asuntos foi moi elevada en todos os períodos analizados, o que se tivo en conta para acordar a medida.

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou na súa reunión de hoxe manter o reforzo nos xulgados do Social da Coruña. Acordouse unha comisión de servizo por seis meses con remuda de funcións a favor de Javier López Cotelo, titular do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense.

A medida fundaméntase na evolución e situación dos xulgados do Social coruñeses. A entrada media de asuntos foi moi elevada en todos os períodos analizados: 155% en 2014, 145% en 2015 e 125% no primeiro trimestre de 2016, respecto ao indicador de 850 asuntos.

Malia que a dedicación media destes órganos xudiciais foi moi superior ao módulo establecido en todos os períodos analizados: 165% en 2014, 164% en 2015 e 150% no primeiro trimestre de 2016, a pendencia mantense moi elevada, situación que se tivo en conta para acordar a medida.

Os xulgados do Social da Coruña contan cunha segunda maxistrada de reforzo, tamén en comisión de servizo con remuda de funcións, desde marzo deste ano.