Martes, 17 Mai 2016 21:16

EGAP: Xornada "A Xustiza en tempos de incerteza: novidades e retos pendentes"

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(0 votos)

A Escola Galega de Administración Pública ten aberto ata o 31 de maio o prazo de matrícula para a xornada A Xustiza en tempos de incerteza: novidades e retos pendentes, que se celebrará en Santiago o vindeiro 2 de xuño. Nela preténdese analizar, desde distintas perspectivas, os principais retos que se lle presentan á Xustiza no momento actual, abordando, entre outras cuestións, a organización xudicial ou a politización da Xustiza. A actividade divulgativa está dirixida a persoal da Administración de Xustiza, profesionais do dereito, profesores e alumnos das universidades galegas e interesados en xeral.

PROGRAMA

Xoves, 2 de xuño de 2016

Mañá

09:00 h. Acreditacións e recollida de documentación.

09:30 h. Inauguración.

10:00 h. O dereito penal nunha democracia moderna.

Enrique López López. Maxistrado da Sala do Penal da Audiencia Nacional.

11:15 h. Descanso.

12:45 h. Mesa redonda:

A Xustiza en España: problemas actuais e propostas de solución.

Manuel Almenar Belenguer. Maxistrado da Audiencia de Pontevedra e presidente da APM.

Juan Manuel Fernández Martínez. Vogal doConsello Xeral do Poder Xudicial e maxistrado da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra.

Julio Álvarez Fariñas. Periodista de La Voz de Galicia experto na información de tribunais.

14:30 h. Pausa-comida.

Tarde

16:30 h. Os problemas da organización xudicial.

Ignacio Astarloa Huarte-Mendicoa. Letrado das Cortes Xerais e profesor de Dereito Constitucional.

17:45 h. Descanso.

18:00 h. Reflexións sobre o futuro do recurso de casación.

Tomás-Ramón Fernández Rodríguez. Catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid.

 

Máis información

 

 

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top