Xoves, 19 Mai 2016 22:45

O Poder Xudicial prorroga a medida de reforzo da Sección 6ª de Vigo ata final de ano

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(0 votos)

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou a prórroga, por un período de seis meses, da medida de reforzo que ten a Sección 6ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, consistente nunha comisión de servizo con remuda de funcións a favor de Eugenio Francisco Míguez Tabarés, titular do Xulgado de Primeira Instancia número 11 de Vigo.

O Consello decidiu prorrogar o reforzo deica final de ano á vista da pendencia da Sala, que é superior tanto á media galega como á estatal, se ben descendeu desde o comezo do ano pasado. Tamén o tempo de resposta é máis elevado que a media, e iso malia estar a dedicación da sección por encima do módulo e non alcanzar a entrada de asuntos o indicador dos últimos anos.

No acordo da Comisión Permanente indícase que a sección ditou o ano pasado 640 sentenzas, por encima da media da provincia (489) e da estatal (464), tendo en conta, no entanto, que xa contaba con cinco maxistrados.

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top