Mércores, 13 Xuño 2018 14:36

A Audiencia de Palma dálles 5 días a Urdangarín e Diego Torres para ingresar en prisión tras a sentenza do Supremo

Escrito por DXustiza
Valora este artigo
(1 Voto)

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Palma emprazou hoxe a Iñaki Urdangarin, o seu socio no Instituto Nóos, Diego Torres, e o ex -presidente balear, Jaume Matas, a ingresar no cárcer no prazo de 5 días, tras serlles entregados os correspondentes mandamentos de ingreso" en execución da sentenza do Tribunal Supremo feita pública onte.

O Alto Tribunal condenou a Urdangarin a 5 anos e 10 meses de prisión por malversación, prevaricación, fraude, dous delitos fiscais e tráfico de influencias; a Torres, a 5 anos e 8 meses de cárcere polos delitos de malversación, prevaricación e fraude á Administración; e a Matas a 3 anos e 8 meses de prisión. Este último decidiu ingresar xa na prisión de Aranjuez.

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top